top of page
Search
Writer's picturetaibo abelenda

Guía de compras material de robótica.

Updated: Nov 29, 2021

Xa está ao virar a esquina o Nadal e con iso sodes moitas as familias que queredes sorprender aos vosos fillos cun agasallo diferente que, ademais de xogar sexa educativo e o introduza no mundo STEM ou lle axude a desenvolver máis esas habilidades na casa.


Desde AA40ESTUDO, ofrecémosvos unha serie de recomendacións con prezos e idades orientativas en base a nosa experiencia de case xa unha década impartindo distintos tipos de actividades relacionadas co mundo STEM como robótica, programación de videoxogos, etc.


 

Dentro do mundo da robótica educativa para menores (e mesmo xa adultos) existen varias liñas diferentes: Kits baseados en Lego, Kits baseados en placas electrónicas fundamentalmente Arduino e Raspberri e outros máis baseados na experimentación utilizando compoñentes reciclados, pequenos motores, etc.


Non hai un kit mellor que outro, nin un kit vai ser necesariamente mellor que outro polo seu prezo, o que si é que cada kit resolve un conxunto de necesidades específicas e inquedanzas que ten un determinado menor ao longo da súa etapa de aprendizaxe.


Os kits baseados en Lego de entrada teñen un prezo "elevado", a cambio son unha moi boa opción para un primeiro contacto pois a maioría dos menores xa coñecen as pezas, poden aproveitar outras que xa teñan para realizar as súas propias construcións, ofrecen kits para distintas idades e teñen un sistema que permiten que o menor vaia aprendendo de forma autónoma practicamente sen axuda dun adulto, ademais a maioría dos kits se os coidades revalorízanse co tempo aínda que estean usados.


Os kits baseados en Arduino e similares son polo xeral máis económicos, aquí podémonos atopar con kits de Arduino puro ideais para aqueles que xa teñan uns coñecementos asentados e necesiten máis liberdade á hora de "cacharrear" gastando menos cartos, doutra banda existen kits preconfigurados baseados en Arduino ou outras placas, que teñen un prezo contido para o que ofrecen en compoñentes, este tipo de kits xa esixe máis o acompañamento dun adulto e non están pensados para que o menor poida empezar só de forma autónoma.


O resto da maioría de kits doutros tipos polo xeral son kits para nenos moi pequenos ou que se centran en algo moi concreto, hainos mesmo por menos de 10 euros hai moita variedade e calidades pero polo xeral moitos son unicamente xoguetes que os venden como robótica pero non dan opcións de modificación de ningún tipo xa sexa hardware ou software e/ou son para pasar un par de horas e quedar despois no esquecemento para sempre.



SETS DE LEGO


Lego wedo



É un kit para traballar perfectamente desde os seis anos ata doce ou máis para menores que se están iniciando. Trae o hub de control, un motor, un sensor de distancia e un sensor de inclinación, pode ser programado tanto desde scratch 3 como desde software propio de Lego, existen opcións avanzadas NON oficiais para poder programalo con Python. Actualmente entrou en estado descatalogado polo que non o haberá en todas as tendas, o prezo rolda os 250 euros variando se trae batería ou non. Existen tamén innumerables imitacións que ao entrar o produto en descatalogado subiron o seu prezo.


Ter en conta que as imitacións non teñen a calidade dun produto Lego, e moi raramente se van a revalorizar, se buscamos seguir outros tutoriales do orixinal cabe a posibilidade de que non se poidan realizar, hai versións que son un calco do orixinal e outras que a pesar de ser moi parecidas teñen diferenzas que nalgúns casos tamén poden resultar interesantes, pero sempre hai que ter coidado co vendedor e saber que é o que estamos a comprar, os prezos son bastante máis baixos e van a partir dos 60 euros.


É posible comprar en lugares de segunda man a versión anterior que se move ao redor dos 80 ou 100 euros, se a queremos sen abrir a parte de ser difícil de atopar iríamonos ao redor dos 200 euros.


Lego Boost



É un kit ideal para traballar na casa, por defecto de forma oficial ten unha aplicación para ser programado nunha linguaxe de bloques tipo Scratch, está dispoñible para Android, Ios, en Windows 10 foi retirado de ténda pero pódese conseguir buscando por internet.


De forma non oficial existen opcións para que se comunique con outras plataformas de Lego ou Arduino.


É un kit que ten varias versións e está tamén próxima a súa retirada, o seu prezo rolda os 150 euros e é bastante fácil atopalo mesmo en grandes superficies comerciais como Carrefour, as imitacións neste caso non compensan pois as que máis calcan o produto a penas teñen diferenza no prezo ou mesmo poden chegar a ser máis caras que o orixinal.


Lego Mindstorms



Levamos anos traballando con este produto, posiblemente o mellor que quitou Lego, existen dúas versións que na practica apenas teñen diferenza, a versión de casa 31313 e a versión academia 45544.


É apto para ser usado a partir dos oito anos en diante sen límite, ten moitas posibilidades, pode ser programado en case calquera linguaxe existente: Scratch, Java, Python, Basic, calquera linguaxe da plataforma .NET , a parte de ter bluetooth, tamén é posible incorporarlle wifi, o que supón que teña a súa propia dirección IP e con iso un mundo de posibilidades e iso só desde a contorna oficial, pero existe unha forte comunidade para realizar auténticos proxectos moi chulos, aínda que teñas 50 anos é un kit co que vas seguir aprendendo cousas novas cada día.


A versión educativa está ao redor dos 500 euros cun set de expansión ao redor dos 130 euros, a versión caseira lamentablemente atópase descatalogada e dada a calidade do produto e que o que o substitúe o 51515 non cumpre as expectativas o que valía ao redor dos 350 euros están a venderse sen abrir ao redor dos 500 euros.


Ten un prezo elevado pero pola nosa experiencia e ver as súas posibilidades o kit váleo, é un kit para toda a vida.


Lego Robot Inventor 51515



Orientado tamén ás mesmas idades, é a última versión de Mindstorms, prográmase de forma oficial nunha linguaxe similar a Scratch e con Python pero dunha forma máis sinxela. A nós, comparado coa versión anterior, sábenos a pouco, pérdese a pantalla, polo momento non existen as posibilidades de ser programado noutras plataformas...


Pero para nada é un mal kit, trae máis sensores, máis motores, unha matriz de leds... e os menores que vimos usalo están super contentos con el aínda que a nós nos pareza máis infantil. O seu prezo vai ao redor dos 380 euros aínda que ás veces hai ofertas como hai un par de anos no Corte Inglés puidose adquirir por 260 euros no black friday.


Ollo coas ofertas excesivamente baixas porque existe un kit que exteriormente é practicamente igual pero o seu valor é inferior aos 30 euros e vimos tentar coalo por unha super oferta a 130 euros cando o que pasa é que nos están roubando 100 euros.


En calquera versión de Mindstorms non hai substituto ou imitación equivalente, mesmo son máis caras, aínda que co tempo están a aparecer versións do 31313 cada vez máis aceptables pero falamos de prezos por encima dos 300 euros e se imos realmente a “meterlle caña” máis lonxe de realizar as montaxes guiadas non van funcionar.


Existen outras versións interesantes como Lego spike essential, spike prime... pero o dito, os kits de Lego poden resultar moi atractivos pero non van ser baratos.



KITS TIPO ARDUINO



Arduino é un microcontrolador que en si mesmo xa é unha plataforma de aprendizaxe, que se centra sobre todo no campo da electrónica, o cal non é apto para todo o mundo pois moitos dos que se inician fano máis polo xogo que polos coñecementos en electricidade e electrónica.


Existen varios kits oficiais con varios proxectos guiados a desenvolver a partir duns 80 euros a varios centos, pero aí xa é máis recomendado para adolescentes ou xente interesada en temas de control domótico...


Pódense comprar na súa páxina web https://www.arduino.cc/en/Main/Products ou en calquera distribuidor oficial, existen centos de clons do kit básico pero novamente hai que ter coidado co que compramos pois non todos os compoñentes teñen a mesma garantía ou tolerancia.


Moitas marcas desenvolven os seus produtos a partir da placa Arduino, desenvolvendo kits específicos, as dúas marcas máis coñecidas son bq https://tienda.bq.com/ e make block https://www.makeblock.es/kits/ , en xeral os produtos de bq son de plástico realizado en impresoras 3D, adoita facilitar incluso os planos para que se tes unha impresora realices a túa ou mesmo as partes do teu robot, destaca polo seu software visual propio pero de código aberto. Os produtos de Make Block en xeral usan pezas de metal, é o desarrollador de Micro:bit, un cartón que pode ser usada tanto para interactuar co computador como para usala de cartón de expansión nun robot que construísemos previamente nós.


Os prezos desde a pandemia variaron moito neste tipo de kits especialmente nos que eran máis económicos que practicamente dobraron de prezo, o que antes era fácil de atopar entre 50 e 90 euros agora é difícil atopalo por menos de 150 euros, os kits máis caros en cambio mantéñense ao redor dos mesmos prezos de sempre.



KITS RASPBERRY



Raspberry a diferenza de Arduino é un microprocesador, todo un computador completo pero moi económico https://www.raspberrypi.com/products/ pero do mesmo xeito que arduino é hardware libre polo que non quita que terceiros publiquen kits baseados na súa arquitectura.



ter en conta que o uso destes kits é recomendable a supervisión dun adulto e algúns requiren coñecementos medios / avanzados de programación polo que se queres un kit para que o teu fillo / filla trastee un pouco pero non tes o tempo e / ou os coñecementos necesarios para axudalo é mellor que recorras a outro tipo de kits,

se en cambio dispós do suficiente tempo vai ser unha elección máis económica que o EV3 de Lego e a parte de pasar tempo xuntos poderás encamiñar cara a proxectos que máis vos gusten comprando compoñentes por separado.


Nós a maioría dos nosos kits comprámolos nestas dúas tendas on-line:

en Barcelona: https://ro-botica.com/ e en Madrid: https://www.electricbricks.com/ Despois se queres facer un agasallo máis no longo prazo, sempre é interesante visitar a sección de tecnoloxía da plataforma de crowfunding kickstarter pois de cando en vez aparecen proxectos de recente creación que para darse a coñecer venden a prezos máis baixos do que será cando o produto chegue ao mercado.



Xa algo fóra da robótica, outra opción que poida resultar divertida é o uso de videoconsolas programables con Microsoft make-code, onde se pode ter unha adafruit por menos de 50 euros ou por ao redor dos 70 euros unha kitronik arcade.


Lembrar que é unha consola para aprender a programar desde a plataforma make-code ou similares, realizando xogos retro de 8 bits, non é unha videoconsola para simplemente xogar, para iso xa hai moitas no mercado a partir de 20 euros con 32 bits.

44 views0 comments

Comments


bottom of page